Preparándonos

Fago esta paxiniña a ver se serve para organizar un grupo de traballo sobre os xogos de mesa e as súas posibilidades didácticas. A idea xeral é aproveitar que temos uns cantos xogos de mesa conseguidos grazas ao programa de "cooperativismo no ensino" do curso pasado e estudar a mellor maneira de usalos.

Basicamente quedar unhas tardes, xogalos, e pensar se teñen ou non aplicación na materia/etapa/aula de cada cal e/ou no centro. O gran paso complementario sería avanzar na creación dunha ludoteca no centro onde estes e outros xogos estiveran a disposición de alumnado e docentes.

Pero o primeiro é saber se somos suficientes e se é posible combinar as nosas dispoñibilidades horarias, para o que fixen o formulario de abaixo.