Inkscape 1: Introducción

Nesta primeira práctica imos comezar por botarlle un ollo á apariencia do programa:

E o primeiro debuxo que imos facer é moi sinxelo, segue as explicacións

1 - Debuxa dous rectángulos que serán o fondo do noso debuxo, un azul escuro e o outro gris, un con trazo negro e o outro sen trazo:

2 - Sobre este fondo, debuxa tres rectángulos en tons marróns, con trazo:

3 - Debuxa un rectángulo branco sen trazo, duplícao as veces precisas para simular as fiestras do edificio. Debuxa dous rectángulos grises con trazo negro que farán de porta, duplícaos dúas veces. Lembra que, se queres que os obxectos queden aliñados, debes arrastralos coa tecla Ctrl premida.

4 - Debuxa un círculo branco sen trazo, debuxa varias elipses grises sen trazo e colócaas simulando unha nube. Agrúpaa (Ctrl+G), duplícaa e cambialle un pouco o tamaño. Coloca todo igual que na imaxe.

5 - Para rematar, emprega a ferramenta Bezier para debuxar unha farola, coloca un círculo amarelo sen trazo tras ela, e tras do círculo debuxaremos un trapecio que encheremos con degradado. Duplícao dúas veces e colócao como a imaxe.

6 - Envía ao correo do profe o arquivo gardado como cidadeNome.svg e como cidadeNome.png