Facendo un Storyboard

Cando temos un guión, e agora que coñecemos ben os tipos de planos, podemos acometer o que sería o seguinte paso nunha produción cinematográfica, que sería facer o storyboard. O storyboard é facer debuxos explicativos de todos os planos e movementos de cámara que quero ter na miña película.

Podédelo ver moi doadamente nestes dous videos:

Unha vez vistos os videos, imos facer nós o storyboard dun fragmento dun guión orixinal de película, é a introdución á película "Hanna":

Intro Hanna

“EXT. Chan do bosque - DIA. 1

Bosques pelados. A neve cae.

Respiración e o ritmo dunha persoa correndo.

Hanna, 14 anos de idade, pelo longo, ollos como xeo azul,

vestidos de peles de animais, deslízase por entre as árbores, un arco

amarrado ao seu ombreiro.

Ela para, agocha a cabeza, a escoitar, a súa respiración faise visible no aire xeado.

A uns centos de metros de distancia un reno busca na neve, a procurar comida.

A cabeza de Hanna aparece. El mira para as árbores, pero non a ve.

A corda do arco ténsase. Os seus ollos azuis enfocan, exhala profundamente e solta a corda..

A frecha deslizase e crávase no lado do reno. El xírase e bota a correr,o sangue escorregar do seu costado, e acelera. Ela sae correndo detrás del, as árbores pasan velozmente.

Ela segue o rastro de sangue na neve.

O cervo está nunha clareira, esperando por ela, bafeando pola boca e o nariz.

Hanna chega, quita a luva de pel, estende a man e xentilmente acariña o rostro asustado do animal.

Ela pasa a man para abaixo ao longo do seu pescozo, cara á ferida, agarra a frecha e a extrae.

HANNA:

Non che atinei no corazón.

Ela tira unha pistola antiga do cinturón, fai unha pausa e despois - Bang Bang!.

Corte para TÍTULO: Hanna”

Se xa o fixeches, vai ver o video a Youtube a ver se se parece en algo ao que era en realidade.