Xustificación Pedagóxica

As TICs constitúen un dos piares básicos da sociedade actual e é preciso proporcionar ó cidadán unha educación que teña en conta esta realidade. As súas posibilidades na educación poden ser consideradas en dous aspectos: o seu coñecemento e o seu uso. Trátase de integrar esta nova cultura na Educación, comtemplándoa en todos os niveis de ensinanza e conquerir que ese coñecemento se traduza nun uso xeneralizado das TICs para lograr unha formación de carácter permanente ó longo da vida.

Consideramos ademais que as TICs deben de usarse para aprender e para ensinar. De aí que o noso traballo non só aporte material para o alumno senón tamén para o docente.

Por outra banda partindo da idea de Competencias como “o feito de facerse competente”o traballo plantéxase coma un proceso de aprendizaxes globais que integra contidos de diferentes tipos e pretende o desenrolo de capacidades máis que a exclusiva adquisición de contidos puntuais e deslocalizados.

A presente proposta ten un carácter claramente interdisciplinar e afecta a distintos departamentos: Historia, Arte, Tecnología, Educación Física, Xeografía, Lingua e Literatura son os que nos parecen máis directamente implicados, pero calquera outro pode aportar novos aspectos enriquecedores á actividade.

Enumeramos as competencias que consideramos máis desenvolvidas nesta actividade:

    • COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÚÍSTICA :

    • Identificar a estrutura de diversos tipos de fontes (primarias, secundarias, iconográficas) para obter información delas.

    • Extraer información esencial das fontes anteriormente citadas.

    • Utilizar o vocabulario específico relacionado co tema.

    • Expresar adecuadamente as ideas e emocións propias.

    • Facer resumos, sínteses e ampliacións a partir de textos expositivos.

  • COMPETENCIA MATEMÁTICA:

    • Uso de escalas numéricas e gráficas.

  • COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO:

    • Coñecer o espazo físico en que se desenvolve a actividade humana.

    • Comprender o espazo en que teñen lugar os feitos sociais e a propia vida do alumno.

    • Aprender procedementos de orientación, localización, observación e interpretación dos espazos e paisaxes, reais ou representados.

  • TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL:

    • Adquirir destrezas relativas á obtención e comprensión de información.

    • Procura, obtención e tratamento de información procedente da observación directa e indirecta da realidade.

    • Procura, obtención e tratamento de información procedente de fontes escritas, gráficas, audiovisuais, tanto se utilizan como soporte o papel coma se foron obtidas mediante as tecnoloxías da información e a comunicación.

    • Establecer de criterios obxectivos e pertinentes para a selección da información proporcionada por diversas fontes.

    • Distinguir entre os aspectos relevantes da información e os que non o son.

    • Relacionar e comparar fontes de información.

    • Elaborar a información transformando os datos recollidos e traducíndoos a outro formato ou linguaxe.

    • Empregar as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías dá información e a comunicación na procura e o procesamento da información.

  • COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ:

    • Identificar a relación multicausal dun feito histórico e as súas consecuencias.

    • Comprender o funcionamento dás sociedades, o seu pasado histórico, a súa evolución e transformacións.

    • Desenvolver a capacidade de empatía (poñerse no lugar do outro) mediante a comprensión das accións humanas.

    • Expresarse de forma asertiva e mostrar unha actitude favorable ao diálogo e ao traballo cooperativo

  • COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA:

    • Comprender a función que as artes tiveron e teñen na vida dos seres humanos.

    • Analizar obras de arte de distintas épocas; cultivar o sentido estético e a capacidade de emocionarse.

    • Aprender a observar e comprender aqueles elementos técnicos imprescindibles para a análise.

    • Adquirir habilidades perceptivas e de sensibilización.

    • Desenvolver unha actitude activa en relación coa conservación e a protección do patrimonio histórico

  • COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER:

    • Desenvolver unha visión estratéxica dos problemas, anticipar posibles escenarios e consecuencias futuras das accións individuais e/ou sociais.

    • Aplicar razoamentos de distinto tipo.

    • Recolleita, clasificación e análise da información obtida por diversos medios.

    • Utilizar distintas estratexias para organizar, memorizar e recuperar a información.

    • Participar en debates e contrastar as opinións persoais coas do resto de compañeiros.

    • Desenvolver o gusto pola aprendizaxe continua e a actualización permanente

  • AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSONAL:

    • Asumir responsabilidades e tomar decisións con respecto á planificación do proceso de resolución dás actividades propostas.

    • Idear, planificar, elaborar, analizar e revisar un traballo, revisar o feito.

    • Comparar os obxectivos previstos cos alcanzados.

    • Saber argumentar de forma lóxica e coherente as explicacións dos conceptos e fenómenos estudados.

    • Autorregular a propia aprendizaxe: tomar conciencia do que se sabe e do que falta por aprender; e realizar autoavaliacións do propio traballo.

Ir a Materiais do profesorado