Imprusiño na Rúa

Data de publicación: May 05, 2013 6:42:16 PM

Onte Imprusiño estivo no Día da Ciencia na Rúa, no stand de BricoLabs, e foi un éxito rotundo! Moitas impresións, moitas noraboas e moita xente que alabou o traballo feito polas alumnas e os alumnos de PDC de 4º, até onde eu sei, os primeiros dun colexio de Galicia que fan un proxecto destas características. Pola tarde estiveron +Rita Ferreira e +Cris Rodríguez Rodríguez imprimindo e atendendo ao público que se achegaba para interesarse por Imprusiño.

En resumo, un día fantástico para coroar todo o traballo feito durante este curso, que foi moito e moi intenso, e pagou a pena.

A posibilidade de seguir facendo actividades coma esta quedará hipotecada se se aproba como está o borrador da lei LOMCE, que nos obrigará a profesores e alumnos a centrarnos en estudar para aprobar as reválidas e superar as avaliacións externas ás que nos someterán, unha das diferentes razóns polas que me opoño á lei do ministro Wert e farei folga este 9 de Maio.

He dicho.