Recuperacións setembro

Data de publicación: Jun 28, 2016 7:37:27 AM

Os que tedes que recuperar tecnoloxía en setembro, tedes un correo coas partes que ten que facer cada un. A proba de recuperación de cada parte consistirá en:

3º ESO

Electrónica I

Soamente, facer correctamente un problema de cálculo da resistencia necesaria para conectar un led a unha fonte de alimentación, coñecendo a voltaxe de alimentación, a voltaxe de funcionamento do LED e a intensidade de funcionamento do led. Tedes moitos exemplos nos apuntes e por internet.

Exemplo: Que resistencia deberiamos poñer en serie cun led que ten Vf=3 V e If=20 mA se o conectamos a unha pila de 9V?

Electrónica II

Exame tipo test e explicar algún dos circuitos que se piden. Tedes un exame de exemplo (non vai ser igual, pero entrarán preguntas parecidas) aquí e aquí e, aparte dos vosos apuntes, podedes consultar todo o que demos aquí.

Openscad

Saber facer unha placa cun furado no medio, dunhas dimensións e posición determinada. Tedes aquí titoriais para facelo.

4º ESO

Circuitos

Montar en menos de 10 minutos o circuito do 555 astable con dous leds que parpadeen. Teredes diante o esquema de conexión.

Electrónica I

Soamente, facer correctamente un problema de cálculo da resistencia necesaria para conectar un led a unha fonte de alimentación, coñecendo a voltaxe de alimentación, a voltaxe de funcionamento do LED e a intensidade de funcionamento do led. Tedes moitos exemplos nos apuntes e por internet.

Exemplo: Que resistencia deberiamos poñer en serie cun led que ten Vf=3 V e If=20 mA se o conectamos a unha pila de 9V?

Electrónica II

Exame tipo test e explicar algún dos circuitos que se piden. Tedes un exame de exemplo (non vai ser igual, pero entrarán preguntas parecidas) aquí e aquí e, aparte dos vosos apuntes, podedes consultar todo o que demos aquí.

Openscad

Saber facer unha placa cun furado no medio, dunhas dimensións e posición determinada. Tedes aquí titoriais para facelo.

Arduino

Comentar liña a liña o funcionamento dun programa sinxelo de Arduino, tipo blink.

Instalacións

Exame de preguntas curtas, sobre os mesmos contidos que caeron na avaliación ordinaria.

Dixital

Sobre o que demos na clase, exame tipo o que fixemos na avaliación ordinaria. Tedes os vosos apuntes de clase e aquí uns que teñen practicamente todo o dado.