Escalas

En debuxo, non sempre representamos os obxectos ao mesmo tamaño que na realidade. Máis ben, isto é un acontecemento anecdótico, o normal é que dibuxemos a escala. E que é dibuxar a escala?

Dibuxar a escala é representar un obxecto máis grande ou máis pequeno do que é, pero mantendo sempre as proporcións reais.

As escalas exprésanse mediante dous números separados por dous puntos, sendo sempre un deles o número 1. O número da esquerda é a dimensión do obxecto no debuxo e o número da dereita é a dimensión do obxecto na realidade. Nunha escala como a do exemplo, cada unidade do debuxo (sexan centímetros, metros ou quilómetros) equivalerá a 200 unidades na realidade.

Según isto, hai escalas de ampliación (por exemplo, para representar unha pequena peza dun reloxio) e escalas de reducción (por exemplo, para reproducir a distribución dun piso). As primeiras terán o un á dereita, e o debuxo será máis grande qeu a realidade (planos de pezas pequenas, circuitos electrónicos...), mentres que as segundas terán o un á esquerda, e o debuxo será máis pequeno que a realidade (planos dunha casa, mapas...).

Como calculamos unha escala?

É moi sinxelo, só hai que aplicar unha regra de tres, deste xeito:

Exercicios:

Aquí che quedan uns boletíns para que practiques, se os queres descargar e abrir na casa, o programa indicado para facelo é o Inkscape.

Boletín Escalas 01

Boletín Escalas 02

Boletín Escalas 03

Boletín Escalas 04

Boletín Escalas 05

Voltar a Expresión Gráfica