Correo e Ofimática

Nestas actividades crearemos unha conta de correo e aprenderemos a manexar as ferramentas básicas de ofimática.

Correo electrónico:

Abriremos unha conta en gmail e traballaremos as súas opcións básicas, para o que terás que facer as seguintes tarefas:

    1. Abre unha conta de correo electrónico en gmail. Emprega un contrasinal que NON ESQUEZAS NUNCA.

    2. Envia un correo ao profesor co asunto "Presentación alumno/a", cun texto de saúdo, unha imaxe que che guste como arquivo anexo e unha ligazón a unha páxina que uses con frecuencia.

    3. Espera a resposta do profesor, que levará os enderezos dos teus compañeiros de clase e saúda a todo o grupo.

    4. Envía un correo a máis dun contacto, con copia oculta para o profesor.

    5. Crea un grupo de contactos que sexa "A miña clase".

O que tes que saber:

    1. Abrir unha conta de correo.

    2. Que é o correo electrónico? como e para que se usa? en que se diferencia de outras ferramentas de comunicación (Twitter, whatsapp, facebook...)?

    3. Normas de estilo básicas (poñer asunto, redactar con claridade, consignar a información importante...)

    4. Respostar, respostar a todos, copias e copias ocultas, anexar arquivos...

Procesador de textos:

Entregarémosche esta folla impresa, tes que mecanografiala e logo darlle formato até convertila en esto.

O que tes que saber:

    1. Empregar as opcións de formato básico (negriña, suliñado, cursiva, tamaño de texto...)

    2. Empregar axeitadamente as opcións de títulos e formatos predeterminados de texto.

    3. Inserir imaxes, ligazóns activas e índices nun texto. Facer listas e táboas.

    4. Presentar textos nun estilo sobrio e correcto.

Follas de cálculo:

Terás que realizar un orzamento para a aula de tecnoloxía, seguindo estas indicacións.

O que tes que saber:

    1. Entender o que é unha folla de cálculo e para que sirve.

    2. Dispoñer os datos nunha folla de cálculo de xeito ordenado.

    3. Aplicar as operacións precisas para elaborar un orzamento sinxelo (sumatorios, multiplicacións entre celdas, cálculo de porcentaxes...)

Presentacións:

Terás que facer unha presentación sobre un tema libre que cumpla os seguintes requisitos:

  1. Ten que ter un tema de deseño (non deixar o tema por defecto).

  2. Diapo 1: Título e texto.

  3. Non se deben ver as imaxes pixeladas. Descargar imaxes grandes, non ampliar o tamaño.

  4. Todas as diapos deben levar un título.

  5. Non máis de 25 palabras por diapo, os textos se teñen que ler ben.

  6. Ten que haber como mínimo dúas diapos con elementos que aparecen ao clicar (animacións).

  7. Ten que haber unha imaxe con recadro e outra sen fondo.

  8. Ten que aparecer un esquema feito coas ferramentas de debuxo.

O que tes que saber:

    1. Crear presentacións de aspecto agradable.

    2. Seleccionar imaxes e procesalas de xeito apropiado para unha presentación de diapositivas.

    3. Empregar as opcións de texto e gráficas básicas que nos ofrece un programa de diapositivas.

Formularios:

Debes crear un formulario con preguntas que che resulten interesantes (se respetuoso/a e educado/a), e que cumpla os seguintes requisitos:

  1. Debe ter un título e unha descripción.

  2. Debe ter unha pregunta de texto obrigatoria para incluir o nome

  3. Debe ter unha pregunta de cada un destes tipos: Data, múltipla escolla, caixas de selección, escoller dunha lista e escala (de un a 5)

  4. Debe levar unha imaxe e unha pregunta relacionada con esa imaxe.

  5. Marca a opción "Publicar e mostrar un link para os resultados ..."

Cando o teñas rematado, envía o formulario ao resto da clase e vai contestando aos formularios que che vaian chegando a ti. Observa os resumos de respostas, envía ao profesor unha ligazón ao resumo de respostas cunha breve análise persoal dos resultados.

O que tes que saber:

    1. Entender a función e utilidade dos formularios.

    2. Elaborar formularios cun formato apropiado.

    3. Entender as diferentes opcións de preguntas e as súas aplicacións.

    4. Saber recoller, analizar e publicar as respostas a un formulario.

Avaliación:Unha vez remates todos os traballos de ofimática, cubre este formulario de avaliación.