A animación con GIMP

Existe un xeito moito máis doado de crear unha animación cando é tan sinxela, que é crear un .gif animado. Antes empregamos o Pencil porque quería que visedes como se fai de xeito máis "profesional", pero se só queremos crear unha pequena imaxe animada, podemos empregar o GIMP e acabamos moito antes (é a que eu empreguei para colgar a imaxe no titorial, google sites non me deixa meter .swf).

Desde o paso no que exportamos todas as imaxes como "frame01" a "frame12":

1 - Abrimos o GIMP e seleccionamos "Arquivo > abrir como capas" e na xanela que se nos abre collemos os 12 frames.

2 - Dámoslle a "Arquivo>Gardar como" e seleccionamos a extensión .gif. Abrirase unha xanela que nos preguntará se o queremos gardar como animación, marcamos esa opción, axustamos se queremos os milisegundos de retardo entre unha imaxe e outra, e lle damos a gardar.

Xa temos o noso .gif animado!

Para os metódicos: a curiosidade e ler até o final ten premio, os tres primeiros que me envíen un correo co contrasinal "son un grijander e estou orgulloso diso", terán un positivo!