Autoavaliación: Expresións e variables

Teoría:

Conceptos teóricos que deberías saber e entender a estas alturas (non poño as solucións porque, se o fixera, as íades chapar sen entender nada XP):

- Que é Programar?

- Que é un programa?

- Que é unha linguaxe de programación?

- Que é un intérprete?

- Que é a Shell?

- Que é unha variable?

- Como se chama o proceso de darlle un valor a unha variable?

Práctica:

Contesta (mentalmente) ás seguintes preguntas. Para comprobar se estás no certo, selecciona o texto dentro do cadro. Podes facer trampa, pero así non aprenderás o mesmo :-)

Como se avaliarán as seguintes expresións?

>>>3+2

5

>>>3*2

6

>>>4*3+2

14

>>>4*(3+2)

20

>>>5+10/2

10

>>>7/

SyntaxError:invalid syntax

>>>6:2

SyntaxError:invalid syntax

Cal é o valor da variable "velocidade" ao longo destas instruccións?

>>>velocidade=5

5

>>>velocidade=8

8

>>>velocidade=velocidade+5

13

>>>velocidade=2

2

>>>velocidade=velocidade+velocidade

4

Cal será a saída das seguintes instruccións?

>>>caixas=3

>>>ovos=6

>>>caixas*ovos

18

>>>dogo=3

>>>boxer=4

>>>cans=dogo+boxer

>>>cans

7

>>>numero=3

>>>Numero=5

>>>total=2*numero

>>>total

6