O teu primeiro programa: Blink

O IDE de Arduino:

Imos comezar a programar o noso Arduino, empregando para iso o IDE da propia plataforma. O IDE é un Entorno de Desenvolvemento Integrado, é dicir, unha aplicación que ten o necesario para poder crear programas, cargalos no noso Arduino e analizar os resultados. Esta é a pinta que ten e as súas funcións máis importantes:

Co botón Verificar comprobamos que o programa que temos non ten erros de redacción, con Cargar subimos o programa ao Arduino, no botón Monitor Serie abrimos unha fiestra que permite ler certa información. Unha parte moi importante é a consola de erro, cando o programa non funcione, poderemos ler aí a información que nos dá para tentar atopar o erro.

O primeiro programa: Acender e apagar

Antes de facer nada máis complicado, imos sinxelamente a acender o LED que o Arduino leva incorporado. Este LED ten asignado o pin 13, así que a cousa sería así:

//todo o que leva duas barras diante, son comentarios para que

// os leamos os humanos, o arduino os ignora.

void setup(){

//esta linha lle di ao Arduino que o pin 13 vai ser unha saida

pinMode(13,OUTPUT);

//esta linha lle di ao Arduino que o pin 13 vai estar aceso.

//despois proba a cambiar HIGH por LOW e observa que pasa

digitalWrite(13,HIGH);

}

//isto xa veremos mais adiante para que vale, pero de momento o ponhemos

void loop(){

}

Viches que doado? Non te preocupes se non entendes todo o código, xa teremos tempo de profundizar... agora mesmo!

Bucles: Blink

No Arduino IDE, vaite a Arquivo>Exemplos>Básicos>Blink . Agora terás un programa aberto no editor, pódeslle dar a Cargar e ver o seu efecto no Arduino. Que está a pasar?

Por se tes problemas co inglés, aquí abaixo tes o mesmo programa comentado en galego, o funcionamento é idéntico:

/*

Blink Acende e apaga un LED alternativamente. */

// A parte que vai entre as chaves (setup) executase unha soa vez

void setup() { //Isto xa sabes o que fai, verdade? pinMode(13, OUTPUT); } // O loop() son todas as instruccións que están entre as chaves vermellas.

// Todo o que está no loop() execútase unha e outra vez. void loop() { //Escrebe (Write) o pin 13 alto (HIGH). //HIGH normalmente equivale a aceso digitalWrite(13, HIGH); //Espero (delay) un segundo (1000 milisegundos) delay(1000); //Escrebe o pin 13 baixo (LOW), isto apaga o led. digitalWrite(13, LOW); //Espero (delay) un segundo (1000 milisegundos) delay(1000); //agora o programa voltara ao principio do loop e se executara //outra vez }

Supoño que te decatarías de que o que conseguiu facer este programa é que o LED que vai integrado no Arduino parpadee cunha frecuencia concreta, exactamente un segundo (1000 milisegundos). Se non liches os comentarios do programa, leos, porque son imprescindibles para entender o seu funcionamento.

Retos:

Se entendiches o que fixemos antes, a ver se es capaz de superar estes retos:

    1. Poderías explicar por que agora non puxemos digitalWrite(13,HIGH) dentro do setup() senón dentro do loop() ?

    2. Varía o ritmo de encendido e apagado do LED, serías capaz de facer que a frecuencia sexa de 2 décimas de segundo? e de dous segundos?

    3. Cres que poderías conseguir un parpadeo curto seguido dun longo?

    4. Serías capaz de codificar un SOS por código morse?

Seguinte>>