Rexistrarse en Plotly

Minititorial sobre como rexistrarse en plotly, o servizo de rexistro e visualización de datos na nube.

Rexistrarse en plotly:

Ir á páxina de entrada de plotly: https://plot.ly/plot

Se non temos unha conta creada, buscar o boton "Sign Up", como indica a imaxe,

Encher os campos correspondentes:

Xenerar unha "API Key":

Para que poidamos interactuar con plotly debemos dispor dunhas credenciais privadas, unha clave persoal que teremos que insertar nas aplicacións coas que imos traballar. Para obtela, é preciso ir a https://plot.ly/api/key e, desde dentro da nosa conta, premer en "Display Key".

Unha vez fagamos iso, imos ter unha cadea de números e letras que debemos gardar, É IMPORTANTE NON COMPARTILA PUBLICAMENTE, xa que faría que outra persoa ou programa puidera suplantar a nosa identidade no servizo.

Insertar a API Key nun sketch de Arduino:

Con esa clave xa poderemos crear programas de Arduino que, por exemplo, recollan datos dun sensor nunha localización determinada e os poidan subir a plotly. Para iso, dentro do noso programa haberá que buscar a parte onde pon "username" e "API Key" e substituír os valores polos nosos datos.