Proxecto de Comunicación Audiovisual

Data de publicación: Feb 01, 2011 10:26:27 AM

Non sei que facer con esta páxina. Supoño que, a estas alturas, non entrará moita xente, aínda que o premio ao material de San Felipe puidera ser unha pequena promoción. En calquera caso, de momento vou tentar empregar esta sección a modo de miniblog-memoria da miña actividade actual, estudar un montón para sacarme a licenciatura en Comunicación Audiovisual, grazas á licenza por estudos da que estou a disfrutar.

O que me ten máis interesado actualmente é o proxecto fin de carreira, que me gustaría que fose algo que logo me servise nas clases. Agora estou en fase de "depuración" de ideas, xa que tiña un montón de cousas na cabeza e, agora, hai que ordealas e definilas, desbotar cousas e decidir camiños. O problema disto son as ganas de aproveitar todo o novo que fun aprendendo este ano, fundamentalmente animación 2D e 3D, algo moi interesante e que me gustaría traballar para sacarlle un proveito e non esquecelo, pero que implicaría unha gran cantidade de traballo... Poderei?