Introdución á tecnoloxía

Como introdución á asignatura, imos comezar por ver un pequeno video moi valioso, pódelo ver nesta ligazón: http://www.ted.com/talks/lang/en/william_kamkwamba_how_i_harnessed_the_wind.html .

E para debater sobre algo tan importante como as repercusións da tecnoloxía, esta curta animada de Steve Cutts:

Outros videos interesantes son estes:

- Kevin Doe, de Serra Leoa, DJ e inventor (subtítulos automáticos en galego, non son moi bos pero se poden entender)

- Cousas para facer cuns poucos céntimos, xogos moi baratos para aprender tecnoloxía.

Se queres saber onde e cando comezou a tecnoloxía, e non lle tes moito medo ás letras estranxeiras, vai aquí e sacía a túa curiosidade.

Despois imos falar sobre esta presentación de introdución á tecnoloxía, clica nela e emprega os cursores a dereita e esquerda para avanzar e retroceder as diapositivas.