GIMP VI: Textos e trazos.

Imos facer un exercicio que suma ao que xa sabemos a inserción de textos e de trazos moi sinxelos.

Partimos de dúas imaxes, a imaxe "vacas" e a imaxe "prado".

Vacas:

Prado:

1 - O primeiro que imos facer é eliminar, con algunha das ferramentas que xa temos empregado, o fondo verde de "vacas". O que estamos a facer é empregar un "chroma", algo que é moi común en cine, gravar unha imaxe sobre un fondo dunha cor para poder extraer facilmente a imaxe e montala sobre outro fondo, agora o vas ver. Engade un canal alfa á imaxe (Capa> Transparencia> Añadir canal alfa) e elimina todo o que está arredor das vacas. É un traballo laborioso que require certa paciencia.

2 - Agora imos pegar a imaxe das vacas recortadas sobre o prado, tentando que queden nunha proporción que nos convenza.

3 - Despois de ter feita a montaxe de imaxes, imos crear unha capa nova na que empregaremos a ferramenta "pincel" e "cubo" para crear uns recadros para os textos:

4 - Finalmente, insertamos os textos nun tamaño, cor e tipografía axeitadas (fíxate no emprego de Comic Sans para o que realmente está deseñada, a escritura de comics).

E con isto temos rematada a nosa fermosa escena campestre! Escalade a imaxe a 300 px de ancho e gardádea como pradoNome.jpg e o proxecto de GIMP como pradoNome.xcf, mandade as dúas cousas.