Requetecomezo

Data de publicación: Sep 12, 2011 10:8:10 AM

Despois de ter pasada a experiencia universitaria que algún día comentarei, comezo o que de verdade me gusta, que é isto de ser profe. Con ideas frescas e pilas cargadas, quero poñer a primeira pedra dun bon curso, iso é, a programación. Até o de agora teño que dicir que nunca a traballara demasiado, gústame adaptarme ao que vai vindo no ano e iso implica facer moitos cambios, polo que ter unha programación moi detallada non ten sentido. Mália iso, este ano hai algo que me di que teño que ser un pouquiño máis rigoroso neses aspectos, así que me poño a elo con tremenda seriedade. Se alguén cae por aquí e quere ver a evolución do documento, aquí está: programación tecnoloxías 2011-2012