Test para o Alumnado

Test para o alumnado (para descargar en .pdf ir até o fin da páxina)

Marca a resposta correcta:

1-O Castelo de San Felipe foi construído por:

□ Fernando VII

□ Alfonso XIII

□ Filipe II

2-A súa función orixinaria foi a de:

□ Defender o Arsenal Militar

□ Cárcere

□ Residencia real

3-Era parte de un conxunto formado por:

□ San Cristobo, San Felipe e A Palma

□ San Carlos, San Antón e San Felipe

□ San Martiño, San Felipe e A Palma

4- Unha troneira é:

□ Un arco que suxeita o muro

□ Unha abertura no muro das baterías

□ Un tipo de pedra empregado no castelo de San Felipe

5- A boca da ría de Ferrol:

□ Está moi protexida do vento, por iso é moi fácil de protexer

□ Ten unha forma moi similar a das outras rías galegas

□ É moi estreita

6- A casa do Gobernador na praza de Armas de San Felipe está sen pintar por:

□ O rei esgotou os cartos destinados ao castelo

□ Os arquitectos querían que se vira o material do muro

□ Na época da construción non se pintaban os exteriores dos edificios importantes

7- Os arquitectos do Castelo pretendían :

□ Aplicar as matemáticas e a xeometría a súa arquitectura

□ Facer un recinto que fora moi acolledor para os seus habitantes

□ Imitar os castelos medievais

8- Cando falamos de estereotomía nos referimos :

□ As construcións de carácter militar

□ A maneira de cortar as pedras e madeiras empregadas nunha construción

□ A forma que ten o hornaveque

9- A batería cuberta chámase así por :

□ Tiña enriba un teito que caeu co paso do tempo

□ Nela se poñían a cuberto os fusileiros

□ Os habitantes do castelo se protexían nela ao ser atacados polos seus inimigos

10- O Hornaveque e:

□ A fortificación que ocupa o centro do castelo

□ A parte do edificio máis cercana ao mar

□ A vivenda reservada ao rei nas súas visitas

Di se é verdadeiro ou falso

1- O castelo non volveu a ter uso desde o século XIX

2- O tipo de arco que predomina no edificio é o apuntado

3- A parte traseira do castelo era a máis vulnerable

4- O embarcadoiro está fora do propio castelo para facelo máis difícil de atacar

5- O terreo sobre o que se construíu o edificio é moi regular

6- A arboradura é o conxunto de palos e velas da cuberta dun barco

7- Os espaldóns están formados por dous arcos.

8- A ría solo era accesible na baixamar

9- Os merlóns son os tramos de muro que separan as troneiras

10- Na escaleira de caracol vemos o mellor traballo de cantería do castelo

Ir a Actividades Complementarias