Consellos para presentacións

Déixovos aquí a presentación que emprego para darvos consellos sobre presentacións, valga a redundancia.

Presentacion mostra galego

Tamén vos poño os aspectos nos que me fixarei na vosa presentación:

Elementos de avaliación das presentacións

    • Expresión oral e corporal.

      • Fala con claridade

      • Emprega ben o corpo

      • Mantén unha entonación correcta

    • Contidos:

      • Amosa os contidos suficientes

      • Profundízase nos contidos suficientemente

      • Os contidos están ben clasificados

      • Os contidos están ben ordeados

      • Os contidos están explicados con claridade

    • Deseño Gráfico:

      • As imaxes facilitan a comprensión

      • Os textos facilitan a comprensión

      • O resultado estético é agradable.

    • O presentador:

      • Amosa dominio do tema exposto