Deseño vectorial: Inkscape

Aquí imos ir aprendendo a usar este programa de deseño vectorial, o Inkscape. É libre e gratuito, así que o podedes descargar en casa e instalalo onde queirades.

Os obxectivos que pretendemos acadar con esta unidade, e que logo serán avaliados na proba práctica, son:

Obxectivos da unidade

- Coñecer as características básicas de Inkscape e o formato .svg (Inkscape é un programa de deseño vectorial, que crea debuxos que non están baseados en píxeles, polo cal poden ser escalados sen perder calidade. Non é apto para o tratamento de fotografía e imaxe real, sendo as súas aplicacións máis importante a cartelería, mapas, tipografías, imaxe corporativa...)

- Figuras básicas: Crear rectángulos, cadradros, círculos, elipses, estrelas e polígonos, tanto regulares como irregulares, alterando as súas características. (Redondear rectángulos, abrir e pechar círculos, deformar estrelas...)

- Cambiar cores e estilos a recheo e trazo. Crear degradados.

- Rotar, inclinar, escalar proporcionalmente e non proporcionalmente.

- Crear figuras coa pluma Bezier.

- Alterar nodos coa ferramenta nodos e os modificadores de nodos.

- Aplicar as operacións Booleanas (Unión, diferencia, intersección, cortar camiño)

- Mover arriba e abaixo na pila de obxectos.

- Agrupar e desagrupar

- Duplicar.

- Siluetear figuras

- Insertar textos e modificar as súas propiedades.

- Importar mapas de bits e exportar en .png

- Vectorizar un mapa de bits.

- Descargar imaxes .svg dunha fonte de imaxes libres.

- Manexar os atallos de teclado e realizar con soltura todas as operacións anteriores.

- Aplicar con efectividade os principios básicos de proximidade, aliñación e contraste.

Este ano non os imos empregar, pero se che interesa ir avanzando e profundizar en Inkscape, aquí tes uns videotitoriais feitos hai uns anos:

Lista Videotitoriais Inkscape

Se te ves capaz, podes ir tentando facer os exemplos de exame:

- Proba de exemplo 1

- Proba de exemplo 2

- Proba de exemplo 3

- Proba de exemplo 4 (fai falta descargar tamén a chave)

- Proba de exemplo 5 (fai falta descargar tamén a árbore)

- Proba de exemplo 6

- Proba de exemplo 7

Ir á primeira práctica >>