Malos exemplos, bos exemplos...

Data de publicación: Feb 10, 2011 8:57:7 AM

Facendo un pouco de investigación pola web, non vaia a ser que xa estexa feito o meu proxecto e eu non o saiba, atopeime cunhas cantas cousas. A verdade, ningunha delas me pareceu realmente boa, así que o reto será superar o que se atopa nunha primeira ollada en Youtube.

Hai un montón de videos con profesores/as diante dos seus encerados, reais , virtuais ou presentacións, explicando a lección como o farían diante do alumnado. Non sei se iso está ben ou mal, pero non o vou facer eu.

Isto é un bon exemplo do que NON quero facer. Sen palabras.

Isto é máis parecido a o que eu querería facer, dándolle un aire un pouco máis "moderno", lembrando falar un pouco máis rápido e escollendo unha música que non dea medo.

Por certo, non o dixen pero onte comecei a preparar unha animación en 2D sobre electricidade e a Lei de Ohm.