Neumática

De momento, como non facemos moito de neumática, imos poñer aquí un pouco dos recursos e contidos que tedes que ter en conta para o exame.

Que tes que controlar?

- Coñecer aplicacións da neumática.

- Coñecer e operar magnitudes básicas, presión e caudal .

- Coñecer os operadores básicos de neumática, sen memorizar todos os símbolos.

- Deseñar e analizar circuitos básicos.

Aplicacións da neumática:

A neumática é o manexo de ar comprimido para conseguir un traballo, é moi empregada na industria en xeral.

Se tes fame e ganas de ver como se aplica a neumática, bótalle un ollo ao video:

Magnitudes propias da Neumática:

Se viches o video, decataríaste de que ten que haber moito miolo implicado no deseño de sistemas neumáticos a gran escala, mais nós nos imos centrar só en dúas que son moi características da neumática:

Presión:

A presión (P) é a forza que se exerce sobre unha determinada superficie, e non se debe confundir co peso. Se queres lembrar ben a diferencia, podes pensar no rapaz ou rapaza que che guste e imaxinar o agradable que sería ter todo o seu peso sobre ti estando deitados (e vestidos, claro). Agora pensa no que pode ser que o rapaz/rapaza en cuestión estexa cargando todo o seu peso sobre ti apoiado sobre un só zapato de tacón de agulla. O peso é o mesmo, pero a sensación moi distinta, non si?

Isto é debido a un cambio de presión, no primeiro caso todo o peso estaba repartido nunha superficie moi grande, e no segundo o mesmo peso está concentrado nunha superficie moi pequena, polo que os efectos son moi diferentes.

Tecnicamente:

Os exercicios que entrarán no exame requerirán operar coa fórmula anterior, realizando os cambios de unidade precisos.

Caudal:

O caudal é o volume de fluído que pasa por unha canle por unidade de tempo.

Malia a imaxe, normalmente é dificil poñerse ao final dun circuito e medir o volume de fluído que sae por el recolléndoo nun cubo, sobre todo cando falamos de ar comprimido, polo cal:

Os exercicios que entrarán no exame requerirán operar coas fórmulas anteriores, realizando os cambios de unidade precisos.

Compoñentes neumáticos:

Imos ver nada máis uns cantos compoñentes neumáticos. Antes diso, é preciso que entendas que estes compoñentes non se empregan sós, senón que forman parte de circuitos neumáticos, polo cal imos clasificar estes compoñentes nunhas categorías que xa che sonarán de electricidade:

Xeradores:

Os xeradores en neumática son os compoñentes que comprimen o ar para que este poida realizar os traballos que se esixen. Só imos dar un destes compoñentes.

O Grupo Compresor:

O grupo compresor está composto polo compresor, que é unha maquina que produce ar comprimido, e un acumulador, que almacena o ar comprimido de xeito que o caudal poida ser máis constante e uniforme.

Case nunca veremos un grupo compresor nunha instalación neumática sen unha unidade de mantemento, que son un grupo de compoñentes que acondicionan o ar para o mellor funcionamento do sistema. Normalmente, a unidade de mantemento está composta por unha unidade de lubricación, que inxecta aceite no fluxo de ar para mellorar o funcionamento e duración dos outros compoñentes, un filtro, que elimina impurezas do ar e un manómetro-regulador de presión, que serve para saber a que presión estamos a funcionar e poder variala segundo nos interese.

O símbolo que imos empregar para representar a toma de presión (que viría do compresor) e a unidade de mantemento, é esta:

Elementos de manobra:

Os elementos de manobra serven para regular o fluxo de ar comprimido, facendo que vaia por un ou outro conducto cunhas determinadas condicións de presión e caudal. Cando falamos de elementos de manobra en neumática, adoitamos falar de válvulas, que se diferencian sobre todo pola súa función e modo de funcionamento.

Válvulas distribuidoras:

As válvulas distribuidoras son as que serven para dirixir o fluxo de ar. Noméanse cun par de números separados por unha barra, o primeiro número indica o número de entradas/saídas que ten a válvula e o segundo o número de posicións ou estados nos que pode estar a válvula. A posición de reposo é a da dereita nas válvulas de dúas posicións e a central se teñen máis posicións, e débese indicar tamén o sistema de accionamento e retorno á posición inicial.

Válvulas de bloqueo e regulación de caudal:

Estas válvulas, no canto de influír sobre a dirección do fluxo de ar, serven para realizar operacións lóxicas, regular a cantidade de ar que pasa por unha conducción, ou impedir o fluxo nun sentido deteminado da tubería. Hai moitas, pero nos estudaremos só as seguintes:

Actuadores:

Os actuadores son os operadores neumáticos que exercen unha acción no circuito, é dicir, os compoñentes que fan o traballo. Aínda que existen multitude deles, nós imos estudar só os cilindros.

As partes do cilindro que imos estudar son:

- Camisa: é a parte lateral do cilindro.

- Culatas: son as tapas anterior e posterior do cilindro.

- Émbolo: é a parte que encaixa no cilindro e evita que pase o ar, orixinando así o movemento.

- Vástago: é a variña que entra e sae do cilindro, unida ao émbolo.

- Entradas e saídas: para o ar comprimido.

A carreira dun cilindro é o percorrido que fai o émbolo desde a posición máis recollida até a máis extendida.

Imos estudar dous tipos de cilindro:

Cilindro de simple efecto:

É un cilindro que exerce forza só na súa carreira de saída, e logo volta á posición orixinal por medio da acción dun resorte, soen ser pilotados por unha válvula 3/2:

Cilindro de doble efecto:

Exerce forza tanto na carreira de saída como na de entrada, soen ser pilotados por unha válvula 5/2:

Circuitos:

Nós imos estudar só dous circuitos en detalle, aínda que terás que ser capaz de analisar circuitos máis complexos.

Un cilindro de simple efecto cunha válvula 3/2:

Un cilindro de doble efecto cunha válvula 5/2:

Analisar un circuito:

Tedes que ser capaces de analisar circuitos como este (pincha ou descarga para ver en grande):

Aquí tes máis circuitos para practicar: Descarga