GIMP III: Capas

Para comezar este apartado tedes que coller ou descargar outra vez o arquivo "cousas.jpg", e tamén o arquivo "sombras.png".

No exercicio anterior copiamos cada imaxe nun documento distinto, agora imos facer o mesmo pero colocando todas imaxes no mesmo documento, empregando unha opción que nos dá o GIMP, que é o traballo por capas.

A fiestra de capas, se non está aberta, pódela abrir desde o diálogo Fiestras>Capas, como se amosa nesta imaxe:

Partimos destas dúas imaxes, a imaxe "sombras.png" será o fondo, e sobre ela teremos que ir colocando os obxectos da imaxe "cousas.jpg", modificándoos convintemente para conseguir que se axusten á figura de fondo.

Por un lado, abrimos o arquivo sombras.png:

sombras.png:

Por outro lado, abrimos o arquivo cousas.jpg:

cousas.jpg

En sombras.png, temos que ir creando capas novas sobre as que iremos pegando cada un dos obxectos recortados desde cousas.jpg, modificándoos de xeito que cada un ocupe o espazo marcado pola súa sombra.

A fiestra de capas, é así:

O resultado sería algo así:

sombrasTucho.png:

Se precisades complementar a explicación de clase, podédelo facer aquí.

Tedes que enviarme a imaxe en .jpg e o proxecto en .xcf, isto facédelo simplemente dándolle a Gardar Como, e logo gardando unha vez coa extensión .xcf e outra vez como .jpg.