Deseño Web

Comezamos aquí a unidade de deseño web, na que aprenderemos algunhas cousas moi sinxelas que nos servirán para comprender mellor algo tan inmenso como hoxe é Internet e como está construído. Estes son os obxectivos da unidade:

- Comprender os conceptos básicos de web, servidores, html, etiquetas, navegadores...

- Recoñecer algunhas etiquetas básicas (<html>, <head>, <body>, <h1...h6>, <a href=...>, <img src=...>,...)

- Valorar a importancia de traballar empregando estilos e da organización e estructura do contido.

- Hipervínculos

- Insertar imaxes e imaxes con ligazóns.

- Entender e aplicar correctamente rutas relativas e absolutas.

- Coñecer o funcionamento e estructura das follas de estilo CSS.

- Implementar interactividade na web empregando Javascript básico.

Como proxecto imos deseñar unha web con varias páxinas, empregando para iso un editor de texto plano coma o gedit.

Podes acceder ao documento de exemplo de preguntas de exame para ir comprobando que tal levas o tema e o que te podes esperar na avaliación.

Comezamos!