Formatos de arquivo

O que podes aprender nesta unidade:

- Coñecer o que é un formato de arquivo

- Recoñecer a diferencia entre datos e información

- Coñecer as relacións entre programas e formatos de arquivo

- Coñecer ou saber buscar os formatos de arquivo máis importantes e as súas aplicacións.

Exercicio:

(Antes de comezar, se estás en Windows, é posible que teñas que configurar o sistema para ver as extensións de arquivo)

Imos traballar un pouco con extensións para familiarizarnos con elas:

1 - Descarga o arquivo comprimido formatosArquivo.zip e descomprímeo.

2 - Abre o arquivo nome.html. Que programa abre este arquivo?

3 - Con nome.html aberto, tenta modificalo. É posible?

4 - Cerra nome.html e agora ábreo co bloc de notas ou o editor de texto. Busca onde pon "Tucho" e pon o teu nome, busca onde pon "guapo" e pon o que queiras. Gárdao e vóltao abrir. Que pasou?

5 - Cerra nome.html, ábreo outra vez co bloc de notas e gárdao como nome.txt. Cérrao e abre ese nome.txt. Que programa emprega para abrilo?

6 - Abre nome.txt co navegador. Como se amosa o contido?

7 - Abrir o arquivo imaxe.html e repara no resultado. Cerra imaxe.html, crea un cartafol novo e chámalle "destino". Corta imaxe.html e pégao dentro de "destino". Abre o arquivo que acabas de pegar. Que pasa?

8 - Corta o cartafol "images" e pégao dentro de "destino". Volta abrir imaxe.html. Que pasou? por que cres que pasa iso?

9 - Abre o documento circulo.svg co Inkscape e repara no resultado. Cerra e abre circulo.svg co bloc de notas. Cambia onde pon "azul" por "vermello" e onde pon "blue" por "red". Garda e cerra. Abre outra vez o arquivo co Inkscape. Como cambiou o debuxo?

10 - Cámbialle a extensión a circulo.svg e ponlle .jpg. Tenta abrilo. Que pasa? Podes voltar a poñelo como .svg e abrilo?

11 - Abre o bloc de notas .svg? Abre Inkscape .svg? abre Firefox .svg? Amosan os datos estes programas do mesmo xeito?

Comprime de novo todo o cartafol co nome formatosArquivoTeuNome.zip e asunto "Exercicio Formatos TeuNome", envíamo por correo coa contestación ás preguntas.

Que conclusións sacas?

Que é un formato de arquivo?

Como xa terás visto, todos os arquivos que manexamos levan un punto ao final do nome e tres ou catro letras despois deste punto. Estes grupos de letras chámanse extensión do arquivo, e sirven para que o sistema operativo saiba que programa debe empregar para interpretar os datos dun determinado arquivo, é dicir, indican o formato de arquivo.

Datos vs. información:

É importante que teñas clara a diferencia entre dous conceptos:

Programas e formatos:

Xa que logo, as tres ou catro letras que van despois do punto, as extensións, serven para que o sistema operativo decida que programa vai empregar para interpretar os datos do arquivo e transformalos en información con sentido. É por isto que hai que prestarlle atención ás extensións, e non se poden alterar sen xeito.

É posible que no teu equipo non se vexan as extensións dos arquivos, xa que, ás veces, están ocultas para evitar que se cambien sen querer, mais seguro que te decatas de que as iconas que representan a cada arquivo son diferentes. Aínda que ti non repares niso, todos os programas gardan automaticamente os seus arquivos nun formato determinado. Proba a cambiar a extensión dun .jpg por un .doc, e mira a ver que pasa (lembra voltar a cambiala despois!).

Nalgúns casos, hai programas que poden recoñecer varios formatos, e tipos de arquivos que poden abrirse con programas distintos e funcionar nos dous, mesmo de xeito diferente. Ás veces, hai formatos que poden ser importados por programas, para realizar cambios neles, mesmo de formato (isto fixéchelo na unidade do GIMP). É importante saber recoñecer as extensións/formatos, así como escoller ben que tipo de arquivo debo empregar para cada uso.