Voltamos con intencións

Data de publicación: Mar 25, 2011 8:38:1 AM

Despois da temporada sen clases viñeron un par de asignaturas que requeriron todo o meu traballo e atención, polo que o proxecto quedou aparcado. A verdade é que estou a pensar en deixar o proxecto para o ano que ven, e dedicar este ano a aprender e nada máis.

Para que quede constancia, que logo me despisto e remata o ano e non sei que fixen, unha lista de cousas que me gustaría chegar a facer:

- Mellorar o meu debuxo.

- Facer algunha animación en 2D, con recortes e/ou software de animación.

- Facer algo audiovisual no cole.

- Aprobar todo.

- Preparar unha programación en web para tecnoloxía.

- Aprender algo de programación en python, java, xml...