Python 03: Variables

Cando estamos a programar, decote queremos gardar valores no que chamamos variables.

Pensa nas variables como caixas que poden gardar valores, o nome da variable sería como a etiqueta que leva a caixa e o valor que lle asignamos iría dentro dela. Para facer isto, empregamos o operador = , que chamamos operador de asignación. Imos probalo:

>>> numero=15

>>>

Como verás, despóis de asignar a variable numero non recibimos ningunha resposta, só unha liña en branco. Como non recibimos unha mensaxe de erro, supoñemos que a orde se executou correctamente, e imos comprobalo:

>>> numero

15

Así creamos a variable "peso" e lle asignamos o valor "5":

Agora, a variable numero avalíase a 15, xa que ese foi o valor que lle asignamos antes. Agora, podemos ver que pasa se facemos algo coma isto:

>>> numero+5

20

Agora Python compórtase tendo en conta que lle dixemos que a variable numero tiña un valor de 15, polo que se lle pedimos que lle sume 5 o fará e nos devolverá o valor numérico correspondente.

Unha variable pode ser reasignada en calquera momento (chámase sobreescribir, overwrite en inglés) e se poden facer todo tipo de operacións con variables, proba o seguinte;

>>>numero=15

>>>numero

15

>>>numero=6

>>>numero

6

>>>numero*3

18

>>>3*numero

18

>>>numero+numero

12

Mesmo podemos asignarlle a unha variable un novo valor que teña en conta esa mesma variable:

>>>numero=10

>>>numero=numero+5

>>>numero

15

>>>numero=numero+5

>>>numero=numero+5

>>>numero=numero+5

>>>numero

30

O normal é que en calquera programa se empregue máis de unha variable, e se pode interactuar con elas:

>>> peras=5

>>>mazas=3

>>>froita=peras+mazas

>>>froita

8