Animación 2D

Nesta unidade imos tentar facer un pouco de animación en 2 dimensións (2D). Imos empregar varios programas que logo combinaremos para tentar conseguir unha animación realizada de xeito colectivo entre toda a clase.

Lembra ir escoitando un pouco de música Creative Commons para escoller o tema final!

Esta será a secuencia de traballo:

1 - Facer unha paisaxe urbana con Inkscape, iso para repasar un pouquiño os conceptos.

2 - Animar unha pelota empregando o Inkscape e GIMP.

3 - Facemos que un monigote faga un ciclo de camiñado: Walking Cycles.