A crise (parte 1?)

Dentro das habilidades dun emprendedor ou dunha emprendedora (e me atrevería a dicir que dunha persoa), ten que estar obrigadamente o entendemento e capacidade de análise do contorno, a fin de poder desenvolverse nel.

Nestes días, indiscutiblemente, parece que o contorno está marcado pola...CRISE! (Incluír música de medo e lóstregos ao pronunciar esta palabra)

Sabes o que é a crise? que a orixinou? que consecuencias terá? cando acabará? se o sabes, chama rápidamente á televisión e pide que che fagan unha entrevista, porque serás o único/a do mundo e podes gañar un feixe de dólares e se non o sabes, aquí quedan un par de videos para que aprendas un pouco máis sobre o tema.

E unha entrevista de Buenafuente a un gurú da economía

, tes que saber que significan algunhas palabras como hipoteca (teus parentes seguro que cho explican con detalle), intereses, fondo de inversión e pouco máis para disfrutala.

E sobre todo... atento ao método Abadía "entender, cortar e pegar", moi importante para a túa vida futura!