Divertido-Aburrido

Data de publicación: Feb 12, 2011 10:18:7 AM

Teño a idea para a miña animación (bon, xa a tiña de hai tempo), e parece que vou tirara para adiante. Explicarei a Lei de Ohm como fago na clase, pero pensando en que a poidan aproveitar rapaces de calquera lugar. Por certo, costoume unha pequena discusión con Noa, xa que dixen que eu non empregaría ese material na miña clase, xa que é a mesma presentación que eu fago e penso que non me poderá quedar tan ben coma en directo, "entón para que a fas?", non sei...

En fin, que me poño a divagar.

A grande decisión que teño que tomar agora é: fago o video máis científico ou máis comprensible?

A idea é conseguir que a rapazada teña un exemplo que lle permita entender o fundamento da Lei de Ohm, aínda que non se ateña á realidade, para que, a partires daí, poida máis tarde abstraer un concepto tan complicado como é a electricidade e o electromagnetismo. A cuestión é que, canto máis "de a pé" é o exemplo, máis lonxe queda da realidade "científica"... en que punto da liña me debo situar?

Agora mesmo penso que me situarei máis cara divertido, divertido sempre é bon.