Qcad 01

Imos facer o primeiro exercicio con Qcad (por se alguén de fóra do colexio chega aquí, este xa estaba colgado no blog).

A intención é que aprendamos a movernos con soltura polos debuxos coas ferramentas de Qcad, o primeiro que tedes que facer e ver o video "exemplo_zoom" e logo facedes o exercicio que aparece abaixo co nome "exercicio_círculos_zoom" (hai que contar o número de circunferencias brancas empregando as ferramentas que vistedes no exemplo). Se tedes internet e queredes ir traballando algo desto na casa, o video o podedes descargar desde aquí.