Ricky Gervais Animation

Data de publicación: Feb 17, 2011 12:56:38 PM

Atopei esta páxina do New York Times explicando como transforman os podcasts de audio do show de Ricky Gervais (presentador-provocador da noite dos Globos de Ouro) nunha serie de animación que emitirá a HBO.

Unha pena que non se poida descargar, porque llela poñería aos meus alumnos en Atios. Que por que non o abro desde a páxina? porque o máis probable sería que a conexión fallase, sempre o fai. Bueno, non, a veces non falla, simplemente é lentísima. Pero estamos preparados para afrontar a nova era dixital, temos ordenadores.