Colabora con Imprusiño

O grupo de 4º de PDC quere construír unha impresora en tres dimensións... e iso para que? bótalle un ollo a este video para darte idea das posibilidades.

Alucinante, non si?

Pois se queres axudarnos a construíla, podes facelo comprando vales por dúas horas de uso da nosa impresora, "Imprusiño", na que poderás escoller o deseño que máis che guste, sempre e cando a nosa capacidade técnica o permita e o tempo de impresión non pase desas 2h. Os vales son acumulables, así que, se queres imprimir algo máis complexo, non tes máis que comprar máis horas.

Aquí che poñemos algúns exemplos de cousas que poderías imprimir (clica nas imaxes para ver máis detalles):

Un peite bolboreta:

Un recolle-auriculares:

Un cubo Soma:

Pomos etiquetables:

Unha bonita bolboreta:

Un planeador:

Unha catapulta:

Unha luz-creeper:

Un cocheciño a globo:

Se non te chegan estes exemplos que te damos, sempre podes buscar máis cousas en http://www.thingiverse.com/ , consúltanos e, se é factible, poderás empregar as túas dúas horas (ou todas as que compres) no deseño que máis che conveña.

Moitas grazas pola túa colaboración, Imprusiño será un pouco teu tamén!

Séguenos en:

blog: http://imprusinho.blogspot.com.es/

facebook: Cpi Imprusiño

twitter: @equipoimprusino