Inkscape 2: Siluetear

Neste exercicio empregamos un xeito de dibuxar para que os que non sabemos dibuxar nada ben poidamos disimular un pouco. O proceso é similar ao que facemos cando calcamos un debuxo polo método tradicional, pero en ordenador.

O primeiro que temos que facer é escoller unha imaxe que nos guste e que teña unha silueta definida, tamén é importante que sexa dun tamaño ben grande. Eu escollín esta xirafa:

Gardamos a imaxe no noso ordenador e a importamos a Inkscape:

Unha vez feito isto, é tan sinxelo como coller a ferramenta de pluma Bezier e comezar a pinchar en cada punto importante da silueta. Despois poderás facer arranxos empregando a ferramenta de nodos , e lembra que é moi importante pechar ben a silueta acabando no mesmo punto no que comezaches, pinchando por última vez no cadradiño que hai onde empeza a liña.

Cando rematemos, teremos un debuxo de calidade profesional que poderemos modificar ao noso antollo, lembra non contarlle a ninguén o método de xeito que poidamos aparentar ser grandes debuxantes!!

E os traballos feitos polos alumnos e alumnas de segundo: