GIMP IV: Seleccións por cores. Colorear.

1 - Descargar a imaxe para o traballo, é un cadro de Klee.

2 - Empregando a ferramenta de selección por cores , selecciona todos os recadros de cor azul máis escura. Para iso, na fiestra de ferramentas, terás que buscar o deslizador Umbral e movelo para conseguir que, ao pinchar na cor desexada, non seleccione demasiado nin demasiado pouco. A ferramenta de selección de cores colle todas as cores semellantes á do pixel que eu prema, e con umbral lle digo ao GIMP se ten que ser moi estricto na semellanza (escoller só as cores que sexan case iguais) ou moi laxo (escoller calquera cor que se pareza un pouco).

3 - Empregando a ferramenta "Colores > balance de colores" ou "Colores > colorear", altera a selección a cor verde.

4 - Empregando a ferramenta "selección difusa" (máis coñecida como variña máxica ), selecciona o barco máis grande, que está no medio do cadro.

5 - Empregando a ferramenta "balance de cores" ou "colorear", altera a selección a cor azul.

6 - Garda o resultado como kleeNome.jpg e como kleeNome.xcf e envíao por correo.