GIMP V: Niveis

Coa ferramenta niveis (Cores > niveis) podemos alterar a luminosidade das imaxes, conseguindo, por exemplo, recuperar unha foto que nos tivera quedado moi escura.

Nesta práctica tes que empregar a ferramenta niveis, para correxir esta imaxe (antes escálaa ao 50%). O antes e o despois o podes ver aquí abaixo.

Orixinal:

Final:

Para facelo, primeiro debes empregar a ferramenta de selección que máis oportuna che pareza para seleccionar o interior das dúas campás, e correxirlle os niveis según se ve na imaxe.

Despois diso, imos empregar 'Seleccionar>invertir selección'. Deste xeito, o que estaba seleccionado pasa a non estalo, e viceversa, co cal terás seleccionado todo menos o interior das campás, ao que agora lle terás que aplicar tamén a corrección por niveis.

Envía o arquivo campasNome.jpg.