Premio!

Data de publicación: Nov 19, 2011 5:21:34 PM

Pois nada, que me deron un premio por isto. Debería de estar moi contento, pero non deixo de sentir que as máis de 400 horas de traballo que se investiron no proxecto non se compensan co cuarto premio e os 850 euros despois de impostos que trae consigo.

E non me queixo, xa sabía que un concurso é un concurso, e se se queren garantías de gañar algo mellor non participar, e que os traballos hai que facelos pola satisfacción de aportar algo á comunidade e non pensando nun hipotético beneficio, mais agora non teño máis ganas de traballar a dous euros a hora.

Iso si, a satisfacción de ter traballado con un monstruo da animación como Johnny Peich non se paga con cartos!