Retucho #0001

Data de publicación: Nov 11, 2012 12:27:32 PM

Inicio unha serie de retos (Retuchos) para os meus alumnos e alumnas, e para calquera que resulte caer por aquí e queira participar nesta adiviña, principalmente orientada á xente de 4º da ESO de informática.

Vouvos dar unha imaxe, a ver se averiguades que é o que hai detrás dela. E non me refiro a que haxa unha imaxe dun gato moi riquiño agachada tras os recadros, senón a que estes están dispostos e coloreados respondendo a algunha clase de "regra" que debedes adiviñar. A medida que pase o tempo, se non hai acertantes, ireivos dando máis pistas!

Todo o mundo é benvido a preguntar cousas, pedir pistas e/ou alabar o retorto da miña proposta en twitter (@procastino), por mail (xa o sabedes) ou no meu perfil de Google+ (+Profe Tucho), mais as propostas de solución terán que ser enviadas desde o formulario de abaixo para ser tidas en conta (se cae algún curioso por aquí, pediría que non lle facilitase demasiado a solución ao alumnado do CPI de Atios, iso arruinaríalles a diversión :-))

Esta é a imaxe en cuestión (ampliada coa pista 02):

Pista 03:

Estas cores, que como moitos e moitas apuntáchedes acertadamente, siguen un determinado patrón ou orde de aparición e disposición, son en realidade un código.

Isto quere dicir que representan algo, algún tipo de información que agora é expresada con este patrón de cores, aínda que poderiamos facelo con outro tipo de símbolos.

Retucho #0001

Aquí as propostas recibidas até o de agora, algunha idea mellor?

Comentarios ás solucións:

#2 - Alumno despistado: estás moi despistado.

#4 - Julián: Boa observación do patrón... pero non dis que significa!

#5 - Martín: Frío, frío...

#6 - Iván: O mesmo que Julián, boa análise, pero non dis o que pode haber detrás diso

#7 - Samuel: Frío, frío...

#8 - Juan: Non ten que ver co disco duro :-)

#10 - Blas: en verdade fuches á universidade? e acabaches?

#11 - Daniel de Lugo: que bonita cidade Lugo, dígoche máis ou menos o mesmo que ao comentario seguinte.

#12 - Catarro: moi ben analizadas as progresións, iso é unha consecuencia do que representan as combinacións de cores... sigue por aí.

#16 - Carlos: O importante é participar, non te preocupes. Por certo, os 40 son os novos 30, vas romper a pana.

#17 - Martín: Non te obceques coas imaxes e os píxeis.

#18 e #19 - Juan: Esa sucesión que poderías observar sería a consecuencia da "regra" ou do "sistema" que hai detrás de como os cadros están colocados...

#22 e #23 - lasmejores - sen dúbida, sodes as mellores, pero non en resolver o retucho :-) seguídeo intentando!

#24 e #25 - Juan: Quente, quente... vas facer que saque a miña cuarta e definitiva pista!