Ovo de Pascua

Data de publicación: Nov 07, 2011 7:2:33 PM

Así é como lle chaman os ingleses a unha práctica que lles gosta moito aos informáticos, que é agachar nalgún lugar do programa, páxina ou calquera cousa que estexan a deseñar, unha sorpresa para aqueles usuarios máis teimudos, os que pinchan en todas partes e entran en todos os sitios.

Ben, pois hoxe vou poñer eu o ovo de pascua máis doado da historia, e vou pegar aquí mesmo as cinco primeiras preguntas do exame de comunicación que teremos mañá en 4º. Si, si... aquí mesmo:

  1. Os elementos básicos dun proceso de comunicación son:

    1. Emisor, receptor, información e canle

    2. Emisor, receptor, información, mensaxe e canle

    3. Emisor e receptor

    4. Todas son correctas

  2. No caso da telefonía fixa, por exemplo, a canle de transmisión sería:

    1. O ar

    2. A rede de telefonía básica (RTB)

    3. A tecnoloxía UMTS

    4. A electricidade

  1. A lonxitude de onda dunha onda é:

    1. A altura máxima da onda

    2. O tempo que tarda en completarse unha onda

    3. A distancia que hai entre o “principio” e o “final” dunha onda

    4. A distancia que hai entre dous puntos calquera da onda

  1. A amplitude dunha onda é:

    1. A altura máxima da onda

    2. O tempo que tarda en completarse unha onda

    3. A distancia que hai entre o “principio” e o “final” dunha onda

    4. A distancia que hai entre dous puntos calquera da onda

  1. A frecuencia dunha onda é

    1. Igual á velocidade da onda

    2. O tempo que tarda en completarse unha onda

    3. O número de ciclos que fai unha onda nun segundo

    4. A distancia que hai entre dous puntos calquera da onda

Con especial afecto a todos eses alumnos que siguen día a día a miña páxina con devoción.