Para hoxe

Data de publicación: Feb 14, 2011 10:9:17 AM

Hoxe non creo que me renda moito o día. Cousas de vivir no centro e ter a universidade na periferia, coas idas e vidas en coche xa non me dá tempo a moito. En calquera caso, a ver se clausuro o guión da narración e avanzo un pouco no story, depurando e concretando máis desde a cutrangada inicial. E a ver se me poño un pouco co libro que parece que vou usar de referencia, "Flash Cartoon Animation" de Kevin Peaty e Glenn Kirkpatrick. Xa é un pouco "vello", do 2004, pero espero que valga ben.