Debuxando co ordenador: Paint

Imos empezar a debuxar co ordenador, para isto somente hai que usar o Paint, un programiña que seguro xa coñeces e, se non, algún compañeiro/a te axudará... non si?

Tedes que facer estes tres debuxos que vos poño abaixo, non explico nada máis sobre como facelos porque quero que investiguedes un pouco pola vosa conta e así vou vendo que tal vos defendedes

Cando os teñas rematado, envíamos por correo indicando no asunto "exercicio paint nome e curso", nomea os arquivos "cocheNome", "casteloNome" ou "caretoNome" segundo sexa o caso.

E non os copies, que se nota!!