Resultados da miña avaliación

Data de publicación: Jun 19, 2014 7:23:18 PM

Ale, xa que os resultados do alumnado son públicos, tamén podedes ver os meus:

Resultados 3º ESO (ao final 3ºC non cubriu a enquisa)

Resultados 2º ESO

E un par de comentarios para alumnos e alumnas:

- Agradecervos a xenerosidade na nota que lle dades á tecnoloxía e os vosos comentarios cara a min.

- Polo que parece, berro e riño moito máis en 2º que en 3º... por que será? :)

- Sei que moitas veces fago pouco ou ningún caso cando preguntades, pero é que, aínda que non vos deades conta, cando vós estades a preguntar, adoita haber moita máis xente preguntando. As clases son numerosas e só tedes un profesor, así que me teño que repartir moito. En calquera caso, que non sexa unha desculpa, tentarei melloralo.

- Parece que non vos gusta que vos faga pensar a vós... mala sorte! :)

Iso vai seguir sendo así, dá igual se saen proxectos bos ou malos, o importante é que saian da vosa cabeza, e que neste proceso exercitedes o cacharro ese que tedes dentro do cráneo.

- Sinto que haxa algunha xente disgustada co meu xeito de avaliar e só podo dicir que tento ser o máis xusto posible. Recordarvos que os criterios de avaliación están dispoñibles desde principio de curso na programación.