Actividades

Captura fotográfica: (a duración da visita)

Dentro dos podcasts se inclúen indicacións para que o alumnado faga fotografías de elementos significativos, de xeito que afiance os seus coñecementos.

Tratamento de imaxe: (dúas sesións)

Recortar, escalar e compoñer as fotografías capturadas durante a visita para elaborar un collage de imaxes.

Elaboración de documentación: (dúas sesións)

Elaborar un documento que sirva como glosario en imaxes dos elementos vistos no castelo. Poderíase elaborar esta documentación para a súa publicación web.

Marcar no plano mudo o percorrido feito: (a duración da visita)

Buscar información de outros castelos do mesmo período: (unha sesión)

Na biblioteca ou en internet, buscar información sobre castelos do mesmo período histórico.

A partir da fotografía seguinte ( Castelo medieval) establecer semellanza e diferencias : (media sesión)

Debate : (unha sesión)

Que usos cres que se lle deben dar o castelo? Elaborar un informa coas conclusións.

Ir a Test para o profesorado