Grazas, LulzBot!

Data de publicación: May 26, 2015 8:8:38 AM

Hai unhas horas nos enteramos de que á empresa fabricante de impresoras 3D Lulzbot lle gustou o traballo que facemos no colexio. Tanto, que nos nomea como un dos 20 gañadores do concurso que convocara o 19 de marzo, e nos doa unha impresora Lulzbot Mini! É unha grandísima satisfacción ver que alguén do outro lado do charco, co que non tes ningunha relación, recoñece e valora o labor de uso e difusión do Software e Hardware libre desenvolvido nestes anos.

É tamén moi gratificante ver que existen empresas dispostas a investir os seus cartos en fomentar a filosofía do coñecemento aberto máis alá das súas fronteiras.

Por todo isto... many thanks, @lulzbot_3D!!

Se queredes ver o resumo en imaxes que lles enviamos, aquí o podedes ver: