Picapedrero

Data de publicación: Feb 11, 2011 11:15:34 AM

Hoxe me sentín un pouco así, picapedrero. Levo desde as 9 da mañá tentando animar un texto polo sinxelo e tedioso procedemento de borrar unha letra do texto en cada frame, ou sexa, que me levou unhas tres horas facer isto:

Estou seguro de que este efecto se pode conseguir dun xeito moito máis sinxelo, mais, esta vez, na dúbida de tentar aprender a facelo ben ou tirar para adiante e facelo "a lo bruto", escollín a segunda. Equivoqueime.