Computación desconectada

Data de publicación: Mar 03, 2018 4:14:56 PM

Neste artigo vou comentar o desenvolvemento da actividade de transmisión de imaxe de cs-unplugged.

Plantexamento

Collín a a parte de transmisión de imaxes da actividade ligada enriba, pero a modifiquei nalgúns aspectos para adaptala á miña clase e ás miñas ideas, aquí vai o plantexamento xeral:

- Divídese a clase en grupos de 3 alumnos/as. Cada grupo terá que acordar un sistema de codificación de imaxe, sabendo que, logo, un dos membros terá que reproducir unha imaxe só coas instruccións que os outros lle transmitan. O código pode ser do tipo "dígoche branco ou negro indo por columnas" ou "dicimos o número de brancos que hai seguidos, logo o número de negros seguidos e cándo se acabe a liña digo enter". Previamente tiñamos traballado conceptos teóricos sobre a imaxe dixital.

- As persoas "receptoras" da imaxe séntanse dándolle ás costas ás compañeiras/os do grupo, cunha planilla en branco, lápis e goma. Os compañeiros/as teñen a imaxe a reproducir e vanlles cantando as instruccións, que teñen que axustarse ao código acordado previamente, tentando que o debuxo da "receptora" sexa igual que o que teñen nas mans.

- Acabado un tempo (uns cinco minutos por imaxe), comparamos o resultado obtido coa imaxe orixinal e avaliamos como foi o proceso. Tentamos atopar estructuras computacionales no seu "código".

- Podemos introducir un deseño que teña un número de cadriños distinto do da planilla en branco e ver se os sistemas estabelecidos funcionan ben ou non. Tamén un debuxo en cores, para explicar como iso aumentaría a cantidade de información necesaria para transmitir.

Conclusións

Diría que a actividade funcionou ben, coas seguintes observacións:

    • É difícil que os grupos se axusten ao sistema definido previamente, o normal é que se dean conta de que o sistema acordado tiña fallos e tendían a explicarse de forma "natural".

    • Traballando varios grupos ao mesmo tempo, é unha actividade algo ruidosa.

    • É importante o momento da avaliación, tentar ver por que fallaron, que atallos interesantes atoparon, que cousas funcionaron ben... e tentar establecere paralelismos con conceptos que existen na transmisión de información nun computador, por exemplo:

      • Compresión de información: empregaches algunha estructura tipo "todo branco" ou "repetimos a liña anterior"?

      • Comprobación de erros: establecíchedes algún sistema para comprobar que o que estabades transmitindo fose recibido de xeito correcto?

      • Cabeceiras de arquivo: algúns equipos preguntan se as cuadrículas da planilla en branco son as mesmas que o debuxo que teñen que transmitir. Isto podería ser unha cabeceira dun arquivo de imaxe.