Recuperacións Setembro 2014

Data de publicación: Jun 24, 2014 9:51:13 PM

Para os que tedes que facer a recuperación dalgunha das partes da asignatura (podedes consultar o documento se aínda non o tedes claro), estas son as cousas que hai que facer para cada parte. Lembrade que as partes que son por entrega de traballo HAI QUE ENVIAR ANTES DO 1 DE SETEMBRO, en caso de que non deades enviado a tempo, vide polo exame de igual maneira para que poidamos ver que facer.

Segundo ESO:

Inkscape:

Tedes que completar dous traballos e enviarmos por correo antes do 1 de setembro:

- Descargar a proba 1

- Descarga da proba 2

Por se non vos lembrades ben do Inkscape, aquí tedes dous videotitoriais:

- Videotitorial proba 1

- Videotitorial proba 2

Evidentemente, para poder facer o traballo, tedes que ter instalado o Inkscape nun ordenador, podedes descargar o instalador desde aquí.

Por favor, consignade un asunto claro no correo de envío.

Electricidade:

Unha vez máis, tedes que facer un exame coma este, no que unicamente cambiarán os datos, os problemas serán iguais. MÍNIMO ter as 4 primeiras preguntas ben para aprobar. Os apuntes necesarios os atoparedes aquí (non tedes que estudar todo, só o que entra no exame).

Estructuras:

Tamén repetimos, faremos as preguntas de este exame, pero non teredes opcións tipo test, senón que teredes que dar vós a resposta. Mínimo 9 preguntas ben para aprobar. Podedes estudar pola presentación que está na sección correspondente.

GIMP:

Tedes que coller dúas imaxes (buscades vós por internet), unha de fondo e unha á que lle quitaredes o fondo e logo a montaredes sobre a primeira, como fixemos varias veces na clase. Logo, facer un recadro e poñer un texto nel.

Por se non vos lembrades, aquí tedes un videotitorial.

Despois, envíades por correo o arquivo .xcf e o arquivo exportado a .jpg. ANTES DO 1 DE SETEMBRO.

Evidentemente, tedes que ter o GIMP instalado no voso ordenador, podedes descargalo desde aquí.

Terceiro ESO

Inkscape e GIMP:

Tedes que facer o mesmo que os de segundo, asi que mirade o que está escrito arriba.

Electricidade:

O exame será moi semellante a este. Os apuntes os tedes aquí.

Arduino:

Teredes que ser capaces de entender e explicar o código necesario para facer o programa Blink, como está explicado neste artigo da páxina. Darásevos o código e vós teredes que facer os comentarios.

Video e imaxe:

Tedes que empregar calquera ferramenta para facer un video que leve polo menos 10 imaxes sobre unha música. Logo tedes que subilo a Youtube e enviarme a ligazón. Se tedes acceso a Windows, o Movie Maker podería ser unha boa opción, se non podedes facelo cun editor de video online como wevideo, do que podedes atopar tutoriais abondo por Youtube, só con poñer "tutorial wevideo".