Concurso de deseños pixel-art

Data de publicación: Sep 16, 2014 5:45:55 PM

Durante este verán, púxenme en contacto con @magarciaguerra, un profe de Madrid que coordinou un videoxogo que fixeron como proxecto conxunto no seu colexio. Como nós damos sempre edición de imaxe con GIMP, e o traballo con pixel-art me parece moi interesante para entender conceptos de imaxe dixital, pedínlle se non nos podería deixar realizar o deseño dalgún elemento do xogo, e moi amablemente accedeu.

Este curso desenvolverán un xogo de naves que se chamará "Elders of Madness"

Este é o reto:

- Elaborar un inimigo para o xogo.

- O seu tamaño debe ser de 23x16 píxeis.

- Debe estar todos as imaxes que constitúan o movemento.

- Debe de estar inspirado na estética de H.P. Lovecraft.

- Debe estar en tons granates e grises.

O prazo de entrega será de catro semanas a partir dagora, o cal nos deixa como último día o 13 de outubro de 2014 ás 00:00 para envíar o noso deseño. Este é un proxecto de gran escala que ten que respectar uns prazos para poder saír ben, así que non poderá haber prórrogas nestes prazos, sede formais!

O premio?

- Aparecer nos títulos de crédito do xogo.

- Poder chulearse polo mundo adiante e dicir que eres desenvolvedor de videoxogos.

- A experiencia.

Ligazóns de interese:

E aquí deixamos unhas cantas ligazóns que poden resultar interesantes para quenes participen no concurso:

- O anterior xogo desenvolvido no colexio: "Monsters Are Back"

- Trailer do xogo.

- Titorial de pixel art 1

- Titorial de pixel art 2

Exemplos de inimigos: