Autoavaliación: Cadeas ou "strings"

Teoría: (selecciona liñas en branco para as solucións)

- Que son cada un dos tipos de datos integers, floating point numbers e strings?

Números enteiros, números decimais e cadeas de texto, respectivamente.

- Que é o fluxo de execución?

A orde en que se executan as instruccións dun programa.

- Que é un diagrama de fluxo?

É unha representación gráfica do fluxo de execución, algo así como un esquema ou debuxo do funcionamento do programa.

- Que é print()?

É unha función. Pode ir dentro ou ser unha instrucción, pero é unha función.

Práctica

Selecciona os textos nos recadros para ver as solucións

Cal destas declaración dunha cadea está ben escrita?

colexio=(Atios)

colexio=Atios

colexio='Atios'

colexio=;Atios;

colexio='Atios'

Cal será a saída na shell das seguintes instruccións print() ?

print('tucho')

tucho

print 'tucho'

SyntaxError:invalid syntax

print (tucho)

NameError: name 'tucho' is not defined

tucho='profesorcillo'

print(tucho)

profesorcillo

tucho='profesorcillo'

print ('tucho')

tucho

tucho='profesorcillo'

print(Tucho)

NameError: name 'Tucho' is not defined

Cal será a saída destes programas?

pobo='Valdoviño';

colexio='Atios';

print(colexio+pobo);

AtiosValdoviño

marca='ford';

modelo='fiesta';

print('teño un '+marca+modelo);

teño un fordfiesta

marca='ford';

modelo='fiesta';

print('teño un '+marca+' '+modelo);

teño un ford fiesta

marca='fiesta';

modelo='ford';

print('teño un '+marca+modelo);

teño un fiestaford

print ('canto mides?');

altura=input();

print (altura+' é unha boa altura!');

"entrada do usuario" é unha boa altura!