Durante este curso 2025/26, toda a nosa comunidade educativa uniuse para darlle vida ao Proxecto Documental Integrado (PDI) "Raíces". Un PDI é unha aventura de aprendizaxe cooperativa que implica a todo o colexio (desde Infantil ata 6º de Primaria) e que sitúa a biblioteca escolar como o corazón, o motor e o gran centro de recursos desde o que investigar.
Baixo o fío condutor de "Raíces", convertémonos en auténticos investigadores e investigadoras para afondar na nosa identidade, na riqueza da nosa contorna, na historia local, na paisaxe e nas manifestacións culturais, artísticas e tradicionais de Galicia. A través de preguntas clave, da procura autónoma de información e do traballo en equipo, cada ciclo e cada aula achegou a súa propia ollada a este proxecto común:
Educación Infantil: Terra
1º de Primaria: O proxecto do mar
2º de Primaria: A música galega
3º de Primaria: Animais do mar
4º de Primaria: Gastronomía
5º de Primaria: Castelos de Galicia
6º de Primaria: Raíces e memoria: o fío da nosa historia
A investigación non se quedou só nos libros: as tecnoloxías, a alfabetización mediática, os obradoiros manipulativos, a interpretación musical, as representacións teatrais, a creación programas en Radio Coviña ou en Tele-Coviña, e a implicación directa das nosas familias foron as ferramentas crave para facer desta aprendizaxe unha experiencia viva, conectada co mundo real e coas nosas tradicións.