Barco 23-24

Non nos cansaremos de agradecerlle ao avó Quinteiro todo o seu traballo de coidado e reparación deste barco de lectura! 

Nel sempre xurden momentos máxicos onde quedamos atrapadas/os nun libro. Nas horas de lectura, nos clubes de lectura, nos recreos... sempre é un bo momento para ir ao noso querido barco e compartir unha lectura cun amigo/a. 

Aquí deixamos recollidos en fotos algúns deses marabillosos momentos que xurdiron durante este curso.